Logo para peixería




(Click sobre a imaxe para ampliala. Para roubala e aproveitala só hai que arrastrala ao escritorio)

Un traballo ben sinxelo. Collemos o debuxo do peixe dun deseñador que lle gusta á moza, e trocamos ollo e escamas pola tipografía corporativa, unha Amerika, que non sei porqué sempre a asociamos co mar. O traballo é sinxelo e coidamos que o resultado tamén: liñas simples e dúas cores, un turquesa e un marrón (non nos molestamos en buscar outros distintos do orixinal).

A pregunta é se nunha peixería apostarían, crerían, nun logotipo como este. A resposta é que o deseñador debe estar seguro do que amosa e saber transmitilo aos seus clientes. ¿O nome do establecemento? O rapante (negro).
_

O arqueiro finlandés

Barcos de papel na ría, dende o outeiro. O arqueiro coloca a frecha e tensa o arco; frecha-dirección, frecha-arma. É finlandés porque é galego. Países, marcas malas. Pódese dicir que o deseño é unha terra tomada por dictadores disfrazados. Ikea está moi ben. A Avant Garde, as cabinas de teléfono e os buses londinenses, o iPod e os arabescos, están moi ben. Moi cool. O arqueiro finlandés desconfía. Juan Perro canta:

“el deseo es una flecha disparada
que en la espalda del arquero está clavada”

Noria, valse, bocoi, comando z comando y, eixo; evitemos as palabras importantes, ou disparémoslles con desenfado. Quén quere cambiar o negocio. O arqueiro olla como arden as velas. Papel queimado, papel limpo.
_