Xira de Eilen Jewell
Un servidor tiña claro o que quería facer, un cartaz anunciando a xira na que Eilen Jewell presentaba o seu disco “Sea of tears”. A idea surxira natural e doada; cinco bágoas abondaban para representar o mar, todos os mares, e unha máis reservaríamola para ela. Conseguíamos, indisimuladamente, deixar de lado a gastada inconografía do rock e da música popular norteamericana.
Querendo darlle corpo ao resultado final, que o traballo resistira visualmente na porta dun antro, coido que me perdín, que o perdín. É o que deixo de mostra, como perderse en tres pasos.
_
.
31.10.10
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.