Aparatosa fortuna a dos títulos

Os títulos, dos libros, dos discos, das cancións, das fotografías e das pinturas (supoño que me deixo algo atrás) son slogans, publicidade. Cinismo o dos bustos.

Isto é un estudo serio: os titulares contemporáneos divídense basicamente en dúas correntes igual de eléctricas:

Unha a rimbombante coas súas variacións. Exemplos poñamos, non sei, a Javier Marías ou Pérez-Reverte (non están tan lonxe), A espeluxante excepción do ourizo, A vinganza do capitán Ahab en Lepanto, algo así.

Outra a frase que conecta co seu tempo, renunciando conscientemente a unha pompa que consideran de outros séculos. Paradigma: Mira que te lo tengo dicho, de Juan Cruz (a Cortázar saíalle, a ti non). 

Que cousa mala, arredemo, non se trata de escoller entre milleiros de enchufes igual de brancos.

O meu título favorito de hoxe? Hotel Shampoo, de Gruff Rhys.
_