Robalo

A esta hora estarán actuando Sílvia Pérez Cruz e Raül Fernández Miró no centro comercial que teñen os de Abanca no Preguntoiro. Putada non poder ir, tragaríame os prexuízos sobre a entidade. Son novos e agárdalles unha carreira longa, ocasións xurdirán de ollalos en directo, xuntos ou non, mais sabemos que esta xira, con este disco, este repertorio, esta emoción que consome, é irrepetíbel.
_