Días de 1942

O outro día descubriunos Gustavo Iglesias Niño de Elche. Un rapaz que ven do flamenco e fai como Enrique Morente con Lagartija Nick, menos poderoso o invento, quizais, unha forxa distinta, máis explícito no social. Dous discos escoitamos: o que sacou agora con poetas contemporáneos e mailo o anterior, con Miguel Hernández (contemporáneo, non?). No de Orihuela intercala breves poemas que recitan outros con vontade de homenaxe; “narración de Pablo Guerrero, narración de Fernando González Lucini…” Un par delas ben guapas e arrastradas. Outras semellan Palabras Patrocinadas polo Ministerio de Cultura.

Xa o dixo Ferlosio, a cultura é o puto ar que respiramos; A Cultura é outro instrumento de manipulación de masas. Mesmo de automanipulación, oh, podo facer unha lectura orixinal de Miguel Hernández, fareino, vou á biblioteca, documéntome apaixoadamente, non por saír nas revistas de prestixio, por suposto.

Niño Yuntero, brutal, inda que tódolos decibelios non poderán superar a Víctor Jara. Ningunha culpa, ao contrario.

É como reler, redescubrir, xa doutro xeito, Miguel Hernández, estremece e paso de poñerme Enxeñoso Patrocinando polo Ministerio de Cultura, que se o intemporal vento do pobo ou a mortal ausencia dun camiño de ferro e rosa, joder, Miguel Hernández non é un bo poeta que sabe facer poesía, é un poeta, o sangue revirado e inocente, alto e enterrado.

Ao final fagho eu o mesmo que critico noutros, ai ai.
_