O severo polgar

Un artigo desfasado sobre Cortázar na Sagrada Biblia El País. Aquelo vai de autores contemporáneos que opinan segundo a fórmula gústame, non me gusta, gústame, non me gusta, gústame, non me gusta, cun parágrafo para xustificarse. Dano que causan as películas de romanos e o Facebook.

Sae un chamándolle cursi. Seica cando el era novo había que ler a Cortázar se querías ligar, relacionarte, ser alguén. Iso debería omitilo: cando es novo desprezas con máis facilidade os canons, o tolerado, o aconsellado; revela arrepentimento e falta de personalidade (expresión ben mala, por certo, pero estou preguizán). Claro, é a Sagrada Biblia, Cortázar acabou comunista perdido e ademais Vargas Llosa asegurou (no edificante prólogo aos contos completos do arxentino publicados pola Sagrada Biblia) que o pillou unha vez nun quiosco parisino mercando unha revista de putas, oh, si, de verdade, eu estaba alí, foi tan decepcionante para alguén coma min que o admiraba.

Como se chama o tipo? Non me lembro e paso de buscalo.
_

Arquivo do blogue