A culpa é das familias, estache ben o conto

Queren gañar (o sentido da competición), perpetuarse disimuladamente (un pouco difísil), queren impoñer daquel xeito, queren ser o norte capital que caga altruísmo e servizo a non sei que cidadanía. Como era, sentido de estado? Van sobrados, todo recto.

Que o galego sexa unha especie en perigo de extinción, como os osos polares, é culpa das familias, é obvio, porque a Xunta fala galego (como esos anuncios nos que che venden, por exemplo, un pan que sabe a pan).

Unha filla que estuda castelán, galego, portugués e inglés, apenas intercala frases en galego co seu pai, por aquelo do romanticismo e os exabruptos (do seu pai). Será culpa da súa nai, a quen educaron en colexio privado para manexarse en inglés?

Non, será culpa daqueles pais de aldea que mudaban ao castelán cando se dirixían aos seus fillos, a ver se cheghaban a algho.

Si, a culpa é das familias, políticas son todas, e logo están as familias políticas: marea na que fresar a propia ignorancia.

Feijóo: xa sei que nunca vas pasar por unha guillotina, don’t worry be happy, ti bótalle solemnes crisantemos ao sartego de Rosalía de Castro.

Darío “de Pereda” Villanueva opina o mesmo ca ti (ou ao revés), non te queixes.
_

O severo polgar

Un artigo desfasado sobre Cortázar na Sagrada Biblia El País. Aquelo vai de autores contemporáneos que opinan segundo a fórmula gústame, non me gusta, gústame, non me gusta, gústame, non me gusta, cun parágrafo para xustificarse. Dano que causan as películas de romanos e o Facebook.

Sae un chamándolle cursi. Seica cando el era novo había que ler a Cortázar se querías ligar, relacionarte, ser alguén. Iso debería omitilo: cando es novo desprezas con máis facilidade os canons, o tolerado, o aconsellado; revela arrepentimento e falta de personalidade (expresión ben mala, por certo, pero estou preguizán). Claro, é a Sagrada Biblia, Cortázar acabou comunista perdido e ademais Vargas Llosa asegurou (no edificante prólogo aos contos completos do arxentino publicados pola Sagrada Biblia) que o pillou unha vez nun quiosco parisino mercando unha revista de putas, oh, si, de verdade, eu estaba alí, foi tan decepcionante para alguén coma min que o admiraba.

Como se chama o tipo? Non me lembro e paso de buscalo.
_

Outros cóbranche café





























_

Persoas en desuso





















Non redescubrín a pólvora. Non te emosiones, fogheteiro, que non ghanou o Madrí. Sinto decepcionar aos seareiros de mareas hostís. É un traballo modesto, limpo. Por que? Porque limpa era a clienta, e non finxida a súa modestia.
_