Inercia




















_

Modfather

Fillo do vello laborismo, lustros anteriores a vómitos sorrintes como Tony Blair, seica o pai, albanel, cortou a liña de teléfono da casa para poder mercarlle un amplificador, o rapaz vale, poida non ter un curro coma o meu (ao pouco dos Jam fíxose o seu manager). O éxito non cambiou nada, inda que agora viva glorificado e a mensaxe obreira semelle diluída en revistas.

Haberá quen teña algho que disir, tranquilos, eu nin sei nin quero sabelo todo.

Bebedor nos xenes de gasóleo, algunha lección de madrugada lle impartiu aos presuntos macarras dos irmáns Gallagher, os de Oasis. Para o resto está a súa traballada, rica, que non pretenciosa, discografía.
_

A mellor canción da heroína




















Lou Reed e demais, uns snobs.
_

A modo co minimalismo












Pode un pasarse de freada. Ollaba unha revista local petada de publicidade e reparei no logo do Dezaseis, lembreino, o logo e o local, onde parei algunhas veces, e decidín redeseñalo, movido pola curiosidade. Sen querer meterme onde non me chaman, nunca entendín iso que lle enfiaron ao número 16. Algún significado?

Insisto, non busco polémica; eu paseime tres pobos escollendo o minimalismo de agora, e falando de coches, o O co 16 semella un sinal de tráfico, e o peixe-casa-grella-chanzos, unha parvada. Mola a cor.
_

Días de 1942

O outro día descubriunos Gustavo Iglesias Niño de Elche. Un rapaz que ven do flamenco e fai como Enrique Morente con Lagartija Nick, menos poderoso o invento, quizais, unha forxa distinta, máis explícito no social. Dous discos escoitamos: o que sacou agora con poetas contemporáneos e mailo o anterior, con Miguel Hernández (contemporáneo, non?). No de Orihuela intercala breves poemas que recitan outros con vontade de homenaxe; “narración de Pablo Guerrero, narración de Fernando González Lucini…” Un par delas ben guapas e arrastradas. Outras semellan Palabras Patrocinadas polo Ministerio de Cultura.

Xa o dixo Ferlosio, a cultura é o puto ar que respiramos; A Cultura é outro instrumento de manipulación de masas. Mesmo de automanipulación, oh, podo facer unha lectura orixinal de Miguel Hernández, fareino, vou á biblioteca, documéntome apaixoadamente, non por saír nas revistas de prestixio, por suposto.

Niño Yuntero, brutal, inda que tódolos decibelios non poderán superar a Víctor Jara. Ningunha culpa, ao contrario.

É como reler, redescubrir, xa doutro xeito, Miguel Hernández, estremece e paso de poñerme Enxeñoso Patrocinando polo Ministerio de Cultura, que se o intemporal vento do pobo ou a mortal ausencia dun camiño de ferro e rosa, joder, Miguel Hernández non é un bo poeta que sabe facer poesía, é un poeta, o sangue revirado e inocente, alto e enterrado.

Ao final fagho eu o mesmo que critico noutros, ai ai.
_