Superávit




A hipocondríaca vaidade de preguntar se, de cinco propostas, dúas causaron unanimidade e admiración. Simple, ten que ser simple. Gáñase un deseñador, pérdese unha persoa que non perde a súa dor (ou sexa, que non se perde nada).

As palabras maiúsculas, a coidada sintaxe, rematarán o proceso de asfixia.
_

Medo

Campos de algodón. Tiña que ir onde o meu taberneiro, o vello anarquista. Non tiven collóns. Estaba vencido, fumado e esperto. Mellor un bar con música.
_

Homenaxe a unha conserveira

















Seica está todo relacionado.
_

Grupo a seguir xa






















Soul, jazz, rock... e iso que se chamou bo gusto e pasar un bo intre.
_


Chámalle lo-fi



Juan Perro, joder, reedita esta versión de Luna de agosto. Minuto 1.35. Non me molesto nin en cortala.
_

Un movemento sísmico

O ceo eléctrico de agosto
golpea a túa voz
flor de milgrandas
                                   e chocolate
unha réplica
voas, amor, cando cantas.
_

Entre Fausto e Fenosa

A miña imaxinación é como os contratos coas compañías eléctricas, coa única diferenza de que se me paso non salta o automático, carbonízome. Palmo, pero tampouco teño que pagar máis. Éche o que ten a avaricia.
_

Anuncio por palabras








Ofrécese casa para entrar a roubar a lo menos un deshidratador de froitas, o típico agasallo familiar, dos que saben o que queremos e o que nos gusta. Máxima discreción. Acéptase taxidermista con gañas de experimentar.

Razón? Que é a versión 2.0 da maldita iogureira. Ademais, Wallapop está deixando sen curro a moita xente.
_

Hashtag

Encántame. Aquí suponse que se di cancelo. Hashtag, pronúnciese esaxerando as consoantes. Como un alemán afrancesado, ou ao revés, non o teño claro. Un hipster e xa está. Por non falar do tema do hash. Haschishin que te vexo pero non, e el o que te olla a ti. A facer surf tododiós.
 _

A importancia de chamarse Miguel Durán
























Isto foi a miña filla buscándome arañeira adiante. Vou ter que buscarme máis, faserme un Facebook. Todo sexa pola comunicación e a famosa vi-si-bi-li-da-de. Of course, con profesionalidade e bo gusto. E sensual baile de salón.

- É vostede Miguel Durán?
- Yes, we can! Ningún impostor.
- Asine aquí.
- O que?
- Asine aquí, coño; non quere levarse á loira?

Valeriánico. Tempada de selfies, que é como a tempada dos peludos pero sen veda. Non sexas moralista, Miguel Durán.
_

A novela negra está de moda





























Foto de Henri Cartier-Bresson.
_

Arquivo do blogue