Cando nos enteramos do último proxecto no que se embarcou Fermin Muguruza, inmediatamente, quixemos colgalo, darllo a coñecer ao lector vietnamita. Pensamos en engadirlle unha liñas, porque nos gusta escribir, non porque o irundarra e a onde vai precisen interesante presentación. Foi a Nova Orleáns, como quen di, de visita, e volveu a casa cun disco e un documental.
Preséntase só: o asmático que loita por respirar, a cidade cos pulmóns asolagados que sopra tódolos seus metais contra o furacán, a política, a policía, a especulación, a discriminación e os prexuízos para tódolos gustos.
Está na súa páxina.
Ah, e o cabrón tocou mesmo coa Preservation Hall Jazz Band.
_