Contra o papel

Putos escritores, co facho da razón sintáctica ata na correspondencia erótica. E perdéndoo. O peor é que eu, sen ser escritor, fago o mesmo.
_

Barato





























Por que? Porque sei o que cobrei eu.
_

Velaquí un digno perdedor






























I'm a loser baby so why don't you kill me?
_

Esquizo

Sempre sospeitei que non era dono de min. Mosqueábame moito. Agora comezo a pillarlle o truco e a graza.
_

Tanatorio

Sempre lle ghustou estar diante. Desta volta decidiu subir ao escenario e coller o micrófono.
_

A vender

Un pracer, Félix de Azúa, académico da lingua española, cadeira H, seica razoado azoute dos progres e a heroína dos amigos que se quedaron no camiño, coitados.

Contra os progres moitos foron igual de malos e repetitivos explicando o desengano. Por iso sodes progres, pasen os anos, e vos criticades. Película vosa.

Contra a heroína: terás moitos amigos, algúns téñenos mortos (se é que eran amigos) e viven de casualidade. Non, non é unha defensa da heroína, é unha crítica á túa enciclopédica ignorancia e aos teus intereses.

Case sempre palman e o pasan mal os que non deben. Ti solta o teu discurso e os demais aplaudimos mentres incides na túa modestia.

Que che dean moitas magnolias en El Correo Gallego e che limpen lentes e cu en El País. Bravo.
_

Nómade: un brinde por occidente



_

Nola? Irun meets New Orleans



Cando nos enteramos do último proxecto no que se embarcou Fermin Muguruza, inmediatamente, quixemos colgalo, darllo a coñecer ao lector vietnamita. Pensamos en engadirlle unha liñas, porque nos gusta escribir, non porque o irundarra e a onde vai precisen interesante presentación. Foi a Nova Orleáns, como quen di, de visita, e volveu a casa cun disco e un documental.

Preséntase só: o asmático que loita por respirar, a cidade cos pulmóns asolagados que sopra tódolos seus metais contra o furacán, a política, a policía, a especulación, a discriminación e os prexuízos para tódolos gustos.

Está na súa páxina.

Ah, e o cabrón tocou mesmo coa Preservation Hall Jazz Band.
_