Esquizo

Sempre sospeitei que non era dono de min. Mosqueábame moito. Agora comezo a pillarlle o truco e a graza.
_

Tanatorio

Sempre lle ghustou estar diante. Desta volta decidiu subir ao escenario e coller o micrófono.
_

A vender

Un pracer, Félix de Azúa, académico da lingua española, cadeira H, seica razoado azoute dos progres e a heroína dos amigos que se quedaron no camiño, coitados.

Contra os progres moitos foron igual de malos e repetitivos explicando o desengano. Por iso sodes progres, pasen os anos, e vos criticades. Película vosa.

Contra a heroína: terás moitos amigos, algúns téñenos mortos (se é que eran amigos) e viven de casualidade. Non, non é unha defensa da heroína, é unha crítica á túa enciclopédica ignorancia e aos teus intereses.

Case sempre palman e o pasan mal os que non deben. Ti solta o teu discurso e os demais aplaudimos mentres incides na túa modestia.

Que che dean moitas magnolias en El Correo Gallego e che limpen lentes e cu en El País. Bravo.
_

Nómade: un brinde por occidente



_