Anuncio por palabras








Ofrécese casa para entrar a roubar a lo menos un deshidratador de froitas, o típico agasallo familiar, dos que saben o que queremos e o que nos gusta. Máxima discreción. Acéptase taxidermista con gañas de experimentar.

Razón? Que é a versión 2.0 da maldita iogureira. Ademais, Wallapop está deixando sen curro a moita xente.
_

Hashtag

Encántame. Aquí suponse que se di cancelo. Hashtag, pronúnciese esaxerando as consoantes. Como un alemán afrancesado, ou ao revés, non o teño claro. Un hipster e xa está. Por non falar do tema do hash. Haschishin que te vexo pero non, e el o que te olla a ti. A facer surf tododiós.
 _

A importancia de chamarse Miguel Durán
























Isto foi a miña filla buscándome arañeira adiante. Vou ter que buscarme máis, faserme un Facebook. Todo sexa pola comunicación e a famosa vi-si-bi-li-da-de. Of course, con profesionalidade e bo gusto. E sensual baile de salón.

- É vostede Miguel Durán?
- Yes, we can! Ningún impostor.
- Asine aquí.
- O que?
- Asine aquí, coño; non quere levarse á loira?

Valeriánico. Tempada de selfies, que é como a tempada dos peludos pero sen veda. Non sexas moralista, Miguel Durán.
_