En Villaviciosa tamén hai sidra



E aquí con Nacho Vegas, que xa é máis coñecido, Pablo Und Destruktion, na maldita gravación de móbil, mandándolle un par de coplas, unha delas, onde vai, himno asturiano. Os curmáns falan de conciencia de clase, politizados. A moda é a contraria: haga como yo, no se meta en política, que dicía Hipster Franco. Din que morreu a historia e algúns négano con sentido. Por iso non morreu nin morrerá.

Ao Pablo compárano con Nick Cave e Serge Gainsbourg. Non digo que non, mais prefíroo a el, un pouco curmán tamén, menos estrela do pop, menos estratega do comercio para esa necedade do rock para adultos. Escánciame aí.
_

Vótame

Desabotoa auga dos mendigos
coa túa conciencia de clase
                                                     malabares e postigos
farrapo cosido de calaberas e bufos
                                                                   esbirros
engorda palabras nos suburbios da pel
fóllate a unha princesa
                                             casa pace
pacen os estentóreos soños de Calígula en vea.
_

Inercia




















_

Modfather

Fillo do vello laborismo, lustros anteriores a vómitos sorrintes como Tony Blair, seica o pai, albanel, cortou a liña de teléfono da casa para poder mercarlle un amplificador, o rapaz vale, poida non ter un curro coma o meu (ao pouco dos Jam fíxose o seu manager). O éxito non cambiou nada, inda que agora viva glorificado e a mensaxe obreira semelle diluída en revistas.

Haberá quen teña algho que disir, tranquilos, eu nin sei nin quero sabelo todo.

Bebedor nos xenes de gasóleo, algunha lección de madrugada lle impartiu aos presuntos macarras dos irmáns Gallagher, os de Oasis. Para o resto está a súa traballada, rica, que non pretenciosa, discografía.
_